Almas vivas. Os libros de Antón Vilar Ponte na Real Academia Galega

Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
A Biblioteca da Real Academia Galega conserva, na súa colección, unha valiosísima doazón de libros e folletos que foran da propiedade de Antón Vilar Ponte. Nos andeis da biblioteca do intelectual viveirense amoreábanse non simples obxectos de papel impreso e encadernado, senón un fondo suxestivo de ideas, un material de traballo valioso para nutrir a súa articulística, testemuños elocuentes das sintonías que estabelecía no transcurso da súa actividade cívica e política, probas dos afectos persoais e das conexións de pensamento instauradas.
Almas vivas. Os libros de Antón Vilar Ponte na Real Academia Galega acolle un estudo pormenorizado do conxunto bibliográfico realizado polo profesor, investigador e especialista Emilio Xosé Ínsua, ademais do catálogo e da contextualización do fondo da man de Ana M.ª Menéndez Rodríguez, directora da Biblioteca académica. Acompaña o catálogo un nutrido apéndice gráfico co ánimo de salientar tamén a calidade artística da colección.