Francisca Herrera Garrido. Vida e obra: escolma de textos
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Integrada nunha tradición literaria fortemente dominada pola lírica, a escritora coruñesa tivo a coraxe de probar as súas forzas nun xénero de escasa tradición na literatura galega, no cal, ademais, non abundaban os modelos que puideran guiala tanto no plano das estruturas formais como no puramente lingüístico.
Pero ademais deste esforzo, que por si só xustificaría a elección da escritora para ocupar unha cadeira na Real Academia Galega, a obra narrativa de Francisca Herrera non desmerece de canto no mesmo campo se publicara ata entón. Nas páxinas de Néveda hai elementos construtivos que supoñen un avance considerable respecto de cantas a precederon.
A escolma que presentamos aquí contén todas as narracións breves de Francisca Herrera, o único ensaio en galego que se lle coñece e unha selección de poemas, fundamentalmente narrativos, de cada un dos seus libros de versos.
Escolma de textos e introdución biográfica de Francisca Herrera Garrido realizadas por Carlos Casares co gallo do Día das Letras Galegas de 1987.